CONVOCATORIA ORDEN (AFD 2014)

ORDE do 23 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2014.(Doga 10-01-2014).

PODERAN OPTAR A ESTA CONVOCATORIA OS CENTROS ACREDITADOS/HOMOLOGADOS POLA CONSELLERÍA DE TRABALLO. CECAP PONTEVEDRA FACILÍTACHE COMO PODER FACELO.

Os centros e entidades solicitantes que non estean inscritos/acreditados nas especialidades do ficheiro de especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal que soliciten deberán ser inscritas/acreditadas de forma provisional, tal e como establece o artigo 3.4 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan Formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Para estes efectos, deberán achegar a seguinte documentación:
 
Xustificante de propiedade, arrendamento ou título lexítimo que habilite para a posesión dos inmobles e instalacións correspondentes, equipo didáctico, talleres ou campo de práctica. No caso de que a parte práctica do curso se vaia desenvolver en empresas, achegarase compromiso da empresa co centro colaborador para que se realicen naquela as prácticas.
Licenza municipal de apertura da actividade de que se trate. Na súa falta, este documento poderá ser substituído por unha declaración responsable do seu representante legal en que se faga constar a idoneidade dos locais de impartición. Se os cursos teñen lugar en espazos cedidos por outras entidades, a licenza de apertura poderá ser substituída por algún dos documentos seguintes a licenza de apertura poderá ser substituída por algún dos documentos seguintes:
 
a) Centros de titularidade municipal: certificación do secretario municipal en que se acredite que os lugares de impartición dos cursos son aptos para esta finalidade.
b) Entidades públicas (centros de formación, centros sanitarios etc.): calquera outro documento que acredite a súa idoneidade para impartir formación.En calquera dos casos, esta circunstancia deberá acreditarse tanto nos locais onde se imparta a parte teórica como a práctica.
Memoria de inmobles e instalacións identificando no plano cada espazo físico e a súa superficie e as aulas e talleres/campos de prácticas que se van utilizar.
Planos e unha descrición dos inmobles e instalacións: aulas e talleres onde se vai realizar a acción formativa, concretando as respectivas superficies en metros cadrados, así como a relación de equipamentos e material que se vai empregar.
 
 O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2014 para poder acreditarse.