PRUEBAS ACCESO CERTIFICADOS PROFESIONALIDAD

Consellería de Traballo e Benestar

Esta orde establece os requisitos formativos de acceso para poder cursar os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación para as persoas aspirantes que carecen das titulacións ou acreditacións exixidas, así como as probas de avaliación en competencias clave que as habilita para realizar as accións formativas de formación para o emprego.

Considérase que estes requisitos de acceso para o alumnado deben estar baseados no dominio de determinados coñecementos e capacidades básicos que aseguren a formación mínima necesaria para cursar os módulos dos certificados de profesionalidade con aproveitamento. Este conxunto de capacidades e contidos xerais é o que se denominan competencias clave.

Competencia matemática. Competencia en comunicación en lingua castelá. Competencia en comunicación en lingua estranxeira. Competencia en comunicación en lingua galega.

A Consellería de Traballo e Benestar expedirá, para as persoas aspirantes que superen as probas de avaliación en competencias clave, unha certificación de carácter oficial nos termos de «Apto» ou «Non apto» na competencia correspondente. As competencias clave demostradas mediante a superación da correspondente proba servirán para o acceso a todos os certificados de profesionalidade que requiran esas competencias clave como criterio de acceso.

A TRAVES DOS NOSOS CENTROS, AXUDAMOSCHE A CONSEGUILO.